Licenza
Salvo que se indique expresamente o contrario, a licenza Creative Commons non cubrirá o contido de
terceiros dos que pode dispoñer un curso. O material dun curso con dereitos de autor dun terceiro poderá estar suxeito a avisos, información ou restriccións adicionais en materia de propiedade intelectual. Será responsabilidade dos usuarios
consultar a documentación/ recursos de cada unha das clases/obradoiros dun curso para identificar o material de terceiros.
APETEGA e o seu administrador non verifican a titularidade dos contidos incorporados polos usuarios ao sitio web, logo de aceptar as condicións e termos de uso. O usuario será o único responsable de obter o permiso necesario para usar o contido de terceiros e determinar se o uso que se fai do mesmo é lexítimo, así como responder ante calquera reclamación que puidera xurdir.
APETEGA resérvase o dereito a eliminar un determinado contido ata que un órgano competente teña declarado a ilegalidade do mesmo, ordenando a súa retirada ou a imposibilidade de acceso ao mesmo.