Condicións e termos de uso do sitio web
Nota: as seguintes condicións foron establecidas pola Xunta directiva de Apetega, quedando aprobadas pola Asemblea de socios celebrada en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 2017.
1.- Definicións e termos
"plataforma" ou "sitio web" |
Designa o espazo de internet accesible desde www.apetega.gal/aula desenvolto con Moodle (software libre con licenza GNU). |
"contido". | |
"contido de usuario (CU)". | Contidos enviados polos usuarios da web, incluíndo calquera información presentada nas mensaxes, comentarios, foros, etc. |
"cursos" | Son agrupacións de contido sobre unha ou varias temáticas. Máis información. |
"convidado". | É o usuario que accede á plataforma sen necesidade dun proceso de rexistro. |
"usuario" ou "usuario autenticado" |
|
2.- Obxectivo da plataforma
Os obxectivos da plataforma son:
- Ofrecer un conxunto de ferramentas para axudar a desenvolver as actividades de formación do profesorado, tanto presenciais como online, organizadas por APETEGA.
- Realizar enquisas online entre asociados/as por parte da directiva.
- Ofrecer recursos para as materias de Tecnoloxía (ESO), Tecnoloxía Industrial (Bac), Electrotecnia (Bac), Robótica (Bac), Tecnoloxía de Información e Comunicación (Bac) e calquera outra de ámbito autonómico ou estatal que sexa impartida polo profesorado de Tecnoloxía en Galicia.
- Calquera outro que determine a directiva ou a asemblea de socios de APETEGA.
3.- Rexistro de usuarios na plataforma e asignación de roles
O acceso aos cursos da aula virtual de APETEGA precisa do rexistro previo dos usuarios por parte do administrador da plataforma ou do coordinador do curso, dado que non se permite o auto-rexistro dos usuarios.
Con carácter xeral, as condicións para o rexistro ou o acceso e uso dos servizos que se ofrecen en www.apetega.gal/aula son as seguintes:
|
|
|
A cada usuario rexistrado, asignaráselle para cada curso un ou varios dos seguintes roles: alumno/a, profesor/a, coordinador/a de curso e socio/a, en función do uso que fará da plataforma e dos seus recursos.
Os usuarios menores de 18 anos só poderán ter o rol de alumno/a e/ou socio/a.
A designación, cese e control das actividades dos roles, aparece reflectida na seguinte táboa:
rol |
asignado por |
duración |
ten acceso a |
alumno/a |
coordinador do curso ou administrador |
indefinida |
curso de formación do profesorado presencial ou online no que se matricule. |
profesor/a |
coordinador do curso ou administrador |
indefinida |
curso de formación do profesorado presencial ou online no que imparta docencia. |
coordinador/a de curso |
APETEGA* |
temporal |
curso de formación do profesorado presencial ou online que dirixa e/ou coordine. |
socio/a |
tesoureiro/a APETEGA * |
temporal |
todos os cursos, recursos, etc |
administrador | APETEGA* |
temporal |
toda a web |
APETEGA resérvase o dereito de bloquear temporal ou definitivamente o acceso a calquera usuario rexistrado, sen necesidade de aviso previo, se considera que o comportamento destes usuarios é incompatible con estas normas e co bo funcionamento da plataforma ou se detecta que a información subministrada para o rexistro non é exacta ou veraz.
Os roles de administrador e coordinador de curso serán desactivados a petición propia dos usuarios que os ostenten. Tamén poden perder esta condición cando a directiva de APETEGA considere que a achega deste usuarios á plataforma está paralizada ou rematada; neste último caso é necesario o aviso previo.
O rol de socio, que terá dereito á matrícula en todos os cursos do sitio web, só poderá realizar as actividades dos cursos nos que previamente estea matriculado como alumno ou nos que estean relacionados con enquisas e outros temas referentes ao funcionamento da propia asociación.
APETEGA resérvase o dereito de retirar este rol e bloquear o acceso á plataforma, cando o comportamento dun socio vulnere estas condicións ou o socio teña cotas pendentes coa asociación.
4.- Acceso de usuarios á plataforma
O acceso ao sitio aula.apetega.gal realízase introducindo o "nome de usuario" e o "contrasinal" -facilitados por APETEGA- no enderezo seguinte:
O usuario que acceda por primeira vez, deberá modificar o contrasinal de acceso para garantir a seguridade e confidencialidade no acceso á aula.
O usuario comprométese a non ceder o contrasinal a terceiros, de maneira temporal ou permanente, nin a permitir o acceso aos contidos a persoas alleas. Calquera feito que puidese dar lugar a un uso indebido do contrasinal (roubo, extravío, etc.) será comunicado a APETEGA co fin de cancelar a conta do usuario.
Se un usuario non recorda as claves para entrar, debe premer no enlace "esqueceu o seu nome de usuario e contrasinal" no que se indican os pasos para recuperalo.
Os cursos realizados antes do ano 2016 da sección "Xornadas de Tecnoloxía" terán permitido o acceso como convidado (sen necesidade de autenticarse).
5.- Obrigas dos usuarios
- Proporcionar información precisa, actualizada e completa durante o proceso de inscrición coa fin de crear un perfil do usuario e asignar un rol.
- Actualizar a información do seu perfil para mantela exacta e completa.
- Facer un uso adecuado e lícito do sitio web, de conformidade coa lexislación aplicable en cada momento, e aterse ás condicións xerais sen prexudicar a outros usuarios nin a terceiros. Quedan, por tanto, expresamente prohibidas:
As accións que poidan danar, inutilizar, sobrecargar o servizo, os arquivos e toda clase de contidos na plataforma. |
A utilización de virus informáticos ou calquera outro código, arquivo ou
programa que estea destinado a interromper, danar, ou limitar o funcionamento de calquera software, hardware ou equipo de
telecomunicacións, danar ou obter acceso non autorizado aos datos ou
outra información de terceiros. |
Suplantar identidades ou intercambiar información privada propia ou de terceiros, que sexa confidencial ou persoal. |
Transmitir, difundir ou poñer a disposición de
terceiros calquera contido que subestime ou atente contra os dereitos fundamentais e as liberdades públicas das persoas, que incite ou promova actuacións ou actitudes discriminatorias
por razón de sexo, raza, relixión, crenzas, idade ou condición sexual. |
Usar os servizos que ofrece o portal cunha finalidade económica e comercial. |
Incorporar, poñer a disposición ou permitir o acceso a produtos, mensaxes e/ou servizos delituosos, racistas, violentos, mal intencionados, obscenos, pornográficos, abusivos, difamatorios, enganosos ou fraudulentos. |
Difundir material que sexa contrario ao honor, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas ou entidades. |
- Os usuarios deben publicar contidos baixo unha Licenza Creative Commons Recoñecemento-Non Comercial 4.0 Internacional. Tamén poden publicar cunha licenza de nivel de control inferior (CC-BY) ou liberar o contido publicado, engadindo unha marca de dominio público CC0.
6.- Condicións do servizo
APETEGA comprométese a non escatimar esforzos para manter a plataforma sen erros e en correcto funcionamento. Con todo, poderá proceder en calquera momento á suspensión dos servizos ofertados durante o tempo que sexa necesario para a corrección de anomalías, actualización do software e calquera outra actuación de mantemento.
A modificación, borrado ou engadido de contidos, ben por extinción de acordos con terceiros, ben por decisión de APETEGA, non precisa de preaviso e non poderá dar lugar a reclamación por danos e prexuízos derivados da súa retirada ou modificación.
Neste sitio web pódense incluír enlaces a outras páxinas web xestionadas por terceiros. APETEGA e o seu administrador, non son responsables da dispoñibilidade nin do tipo de contidos ofertados por eses espazos web.
APETEGA concede aos usuarios o dereito a crear enlaces á páxina principal de www.apetega.gal/aula para uso privado e non comercial.
7.- Custos do servizo
8.- Exclusión de responsabilidade
Ademais das exclusións expresadas ao longo deste documento, APETEGA non asume ningunha responsabilidade:
- Nos problemas de acceso, dispoñibilidade, fallos na infraestrutura ou mal funcionamento dos recursos dispoñibles no portal, ben por causas alleas, de forza maior ou por causas imputables ao sistema.
- Na publicación e uso dos contidos por parte dos usuarios, referidos a documentos baixo dereitos de autor e a existencia de hiperenlaces a webs externas, cuxo contido non supervisa APETEGA.
- Na interacción que manteñan os usuarios entre si. APETEGA non asume nin a mediación nin a resolución de conflitos que puidesen xurdir por anotacións ou valoracións libremente emitidas polos usuarios, á marxe das presentes condicións legais.
- No emprego do portal desde fóra do territorio español. (O emprego do portal noutros países será baixo a responsabilidade dos usuarios e rexerán as normas e leis vixentes nos mesmos).
9.- Lexislación e xurisdición aplicable
As presentes condicións e termos de uso, réxense polo dereito español. En caso de disputa ou litixio, referente á validez, interpretación e execución do recollido neste documento, será competencia dos Tribunais da cidade onde se estableza a sede social da Asociación.
A maior parte das comunicacións entre os usuarios e o administrador da plataforma faranse pola vía electrónica; esta comunicación terá a mesma validez que unha realizada por escrito, sempre e cando a lei o permita.
Estes termos, xunto coa política de protección de datos e privacidade, constitúen un acordo completo entre o usuario e APETEGA. A invalidez de calquera dos documentos decretada por un tribunal non afectará ás restantes disposicións.